Son Tridáctilas, ¡pásame a guía!... Por Xan Silvar
Gaviota tridáctila Rissa tridactyla, Primera nidificación de la especie en la Península Ibérica
"En 1973 unha ducia de estudantes en Santiago constituímos o Grupo Ornitolóxico Galego, e o meu amigo Andrés Bermejo e eu decidimos dedicar os nosos esforzos a percorrer a costa galega para facer as nosas tesinas, Andrés sobre a gaivota que agora chamamos patiamarela (na 2ª edición española da “Peterson” era a argéntea) e eu sobre o Corvo mariño cristado.
Así cun Dyane 6 e un trasteado Seat 850, unha Zodiac de segunda man cun inefable motor Bristish Seagull, unhas botas sola Vibram e pouco máis, acometemos o reto de chegar aos recantos da costa para facer o primeiro censo de cría destas especies en Galicia, seguindo unhas notas tomadas dun encontro con Javier Castroviejo Bolíbar, Director entón de Doñana, como único manual.
Daquela percorrer a costa galega era unha lenta odisea por estreitas e viradas estradas, e visitar as Illas Sisargas era empresa moi complicada. A lectura dos resultados das visitas de Francisco Bernis nos anos 40 (cando era profesor de instituto en Lugo) era un alicerce para facelo, así que fixemos unha primeira vista na primavera de 1974. En Malpica o patrón dun pesqueiro apiadouse e nos levou (e nos recolleu) á Sisarga Grande, que percorremos no escaso tempo que tiñamos mentres faenaba.
A Grande é unha especie de flan granítico co faro e a Serea Vella no cume duns 70 m, unha vexetación herbácea densa no alto e escasa nos numerosos cantís. Vistas as colonias da parte alta, fomos rodeando o perímetro da illa; para alcanzar os cantís baixo a serea hai que baixar e subir un paredón orientado a suroeste, rematado nunhas escaleiras rompedoras. Cando as subimos, co alento entrecortado, recibiunos un coro nunca oído, pero si leido: “quitti-ueic” ou “caca-uuiic”, na páxina 187 da Peterson, onde estaban descritas “as coristas”, unha pequena gaivota coa punta das ás negras “como mojadas en tinta”. Sen poder crer o que vía, vireime a Andrés e berreille: “Son Tridáctilas, pásame a guía!”. A identificación non tiña moita dúbida, pero era tan incrible o achado que sentiamos a necesidade de asegurarse do que estabamos a ver.
Cando voltamos a terra buscamos calquera referencia anterior, pois no mapa de distribución da Peterson aparecía un punto que podía recoller algunha colonia coñecida. Mais nada apareceu, así que escribimos un artigo para Ardeola, que tras pasar polas mans do lembrado Manolo Fernández Cruz e do propio Francisco Bernis, publicouse como
Rodríguez Silvar, J. & A.Bermejo Díaz de Rábago (1975): Primera nidificación de la Gaviota tridáctila, Rissa tridactila en el NO de la Península Ibérica. Ardeola 21:409-414.
Para dous estudantes de segundo curso de Bioloxía aquilo foi un estímulo para continuar o noso maratón costeiro, facer miles de quilómetros, travesías arriscadas dende portos e praias a illas, saltar a illotes para rapelar e anelar polos de Corvo mariño cristado, durmir en faros e naufragar, con fortuna, dúas ou tres veces. Pero esas son outras historias."
Xan Rodriguez Silvar

Son Tridáctilas, ¡pásame la guía!... Por Xan Silvar
Gaviota tridáctila Rissa tridactyla, Primera nidificación de la especie en la Península Ibérica
"En 1973 una docena de estudiantes en Santiago organizamos el Grupo Ornitolóxico Galego, y mi colega Andrés Bermejo y yo decidimos dedicar nuestros esfuerzos a recorrer la costa gallega para hacer nuestras tesinas, Andrés sobre la gaviota que ahora reconocemos como patiamarilla (en la 2ª edición española de 1967 de la “Peterson” era la argéntea), y yo sobre el Cormorán moñudo.
Así, con un Dyane 6 y un trasteado Seat 859, una Zodiac de segunda mano con un inefable motor British Seagull, unas botas con suela Vibram y poco más, acometimos el reto de recorrer la recortada costa para hacer el primer censo de nidificantes de estas especies en Galicia, con unas notas tomadas en un encuentro con Javier Castroviejo Bolíbar, Director por entonces de Doñana, como único manual de instrucciones.
Por entonces, recorrer la costa gallega era una lenta odisea por angostas y viradas carreteras, y visitar las Islas Sisargas era complicada empresa. Pero la lectura de los resultados de las vistas de Francisco Bernis en los años 40 (cuando era profesor de instituto en Lugo) era aliciente suficiente para intentarlo, así que en la primavera de 1974 hicimos la primera visita. En Malpica el patrón de un pesquero se apiadó y nos llevó (y recogió) a la Sisarga Grande, la única con atracadero, para recorrerla en el escaso tiempo de su faena.
La Sisarga Grande es una especie flan granítico, rematada por el faro y el edificio de la antigua sirena a unos 70 m, una vegetación herbácea densa en lo alto y rala en los numerosos cantiles. Vistas las colonias de la parte alta, rodeamos con esfuerzo el perímetro de la isla; para llegar a los cantiles bajo la vieja sirena hay que bajar y subir un paredón orientado a suroeste, rematado por unas toscas escaleras rompedoras. Cuando las subimos, con el aliento entrecortado, nos recibió un coro nunca oído, pero sí leído: “quitti-ueic” ó “caca-uuiic”, en la página 187 de la Peterson, donde estaban descritas “las coristas”, una pequeña gaviota con la punta de las alas negras “como mojadas en tinta”. Sin poder creer lo que veía, me volví a a Andrés y le grité: “Son Tridáctilas, pásame la guía”. La identificación no tenía mucha duda, pero era tan increíble el hallazgo que sentíamos la necesidad de asegurarnos de lo que veíamos.
Cuando regresamos a tierra buscamos cualquier referencia anterior, pues en el mapa de distribución de la Peterson aparecía un punto que podía recoger alguna colonia conocida. Pero nada aparecón, así que escribimos un artigo para Ardeola, que tras pasar polas manos del recordado Manolo Fernández Cruz y del propio Francisco Bernis, se publicó como
Rodríguez Silvar, J. & A.Bermejo Díaz de Rábago (1975): Primera nidificación de la Gaviota tridáctila, Rissa tridactila en el NO de la Península Ibérica. Ardeola 21:409-414.
Para dos estudiantes de segundo curso de Biología fué aquello un estímulo para continuar nuestro maratón costero, recorrer miles de kilómetros, hacer travesías arriesgadas desde puertos y playas a islas, saltar a islotes para rapelar y anillar pollos de Cormorán moñudo, dormir en faros y naufragar, con fortuna, dos o tres veces. Pero esas son otras historias"
Xan Rodriguez Silvar